Tuesday 14 de May de 2024

As cancións de Disney serán as protagonistas mañá sábado da Audición de Primavera da Escola Municipal de Música de Lousame


A casa da cultura “Santeiros de Chave” de Lousame acollerá mañá sábado 8 de abril, ás 11:30 horas, a Audición de Primavera da Escola Municipal de Música de Lousame. Unha xornada na que o alumnado amosará ao público asistente as habilidades adquiridas no que vai de curso. A entrada é totalmente libre e de balde ata completar o aforo.

O programa que teñen previsto os rapaces e rapazas da Escola Municipal de Música de Lousame para a ocasión inclúe a interpretación de temas populares por formaren parte de famosas películas Disney tales como “Baixo o mar” (A Sirenita), “Príncipe Alí” (Aladdin) ou “O ciclo da Vida” (O Rei León).